Oferta Formativa

Cursos de Competencias Dixitais dirixidos a ti: Muller

COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS

Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te  permitan aproveitar as posibilidades  que ten  o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

Obxectivo xeral: 

Adquirir as competencias dixitais básicas que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais” de acordo con Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente. 

Duración:  40 horas 

Contidos teórico-prácticos 

Módulo 1: Uso básico do sistema operativo 

  • Diferentes versións e sistemas operativos dispoñibles.
  • Inicio, apagado e hibernación.
  • Programas básicos (navegador, explorador de arquivos, visor de imaxes,...).
  • Xestión de arquivos e cartafoles.

Módulo 2: Tratamento da información 

  • Navegación e uso de diferentes navegadores, utilización de pestanas, historial e favoritos configuración básica da páxina de inicio, buscador preferido e borrado de caché.
  • Procura de información: os buscadores.
  • Almacenamento e recuperación de contido dixital.

Módulo 3: Comunicación 

  • Correo electrónico: webmails.
  • Videoconferencias básicas (Skype, Hangouts,...)

Módulo 4: Seguridade. 

  • Formas básicas de uso de medios informáticos para garantir a seguridade. (tanto do computador como do dispositivo móbil).
  • Rutinas para unha navegación segura.

Módulo 5: Resolución de problemas. 

  • Mantemento do  sistema  operativo  (actualizacións, escaneo de discos,   defragmentación). 
COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS

Adquirir as Competencias Dixitais Avanzadas que permitan aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais.

Objectivo xeral 

Adquirir as competencias dixitais avanzadas que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais” de acordo con Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente. 

Duración:  

40 horas 

Contidos teórico-prácticos 

Módulo1: Configuración básica do sistema operativo: 

  • Actualizacións automáticas.
  • Instalación de novos programas. Instalación de drivers de periféricos. Instalación de certificados dixitais.
  • Configuración de rede de datos.

 

Módulo 2: Tratamento da información: 

  • Técnicas avanzadas de procura: operadores de procura en buscadores e outras fontes de información.
  • Curación de contidos: técnicas de detección de veracidade da información e fontes de contidos dixitais abertos.
  • Almacenamento de contido na nube. (Dropbox, Google Drive, OneDrive de Microsoft).

 

Módulo 3: Comunicación. 

  • Compartir información: uso básico de redes sociais como medio de comunicación.
  • Comunicaciónmediantetecnoloxías       dixitais:       comunicación  audiovisual: videoconferencia (Skype, Google Hangouts, etc) e ferramentas colaborativas. 
  • Normas de conduta e perigos: ciberacoso e suplantación de identidade.

 

Módulo 4: Seguridade. 

  • Protección do computador: antivirus, antimalware e firewall.
  • Protección do dispositivo móbil.
  • Protección da rede de datos.

 

Módulo 5: Resolución de problemas. 

  • Detección e eliminación de virus e troianos
INICIACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O EMPRENDEMENTO

Nesta formación poderás adquirir as habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

Obxectivo xeral 

Adquirir competencias dixitais básicas que permitan aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais, con énfases na redución da brecha de xénero e na capacitación dixital de mulleres no ámbito rural, para o emprendemento, o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas, de acordo con o Marco de Competencias Dixitais para a Cidadanía da Unión Europea. 

Duración:  

40 horas 

Contidos teórico-prácticos 

MÓDULO 1: INICIACIÓN E PROCURA DE INFORMACIÓN EN CONTORNAS DIXITAIS 

  • Inicio do computador e os seus elementos principais.
  • Procura e xestión de información na internet, o seu almacenamento e recuperación.
  • Utilización de forma segura e responsable de dispositivos en contornas dixitais.

 

MÓDULO 2: COMUNICACIÓN E CREACIÓN DE CONTIDOS EN CONTORNAS DIXITAIS 

  • Comunicación e colaboración con outros usuarios mediante tecnoloxías dixitais.
  • Creación e edición de contidos dixitais mediante aplicacións básicas.
  • Identificación de necesidades dixitais e resolución de problemas técnicos elementais.

 

MÓDULO 3: COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS PARA O EMPRENDEMENTO 

  • Recursos tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento da idea de negocio a emprender.
  • Adquisición de bens, produtos e servizos a través de webs e plataformas de comercio electrónico.
  • Comercialización de bens, produtos e servizos en portais e plataformas de venda dixitais.
  • Relación coas administracións públicas por medios electrónicos mediante o certificado dixital.
  • Sensibilización e responsabilidade co cumprimento das normas relativas a licenzas de uso e dereitos de autor

¿MÁIS INFORMACIÓN?






    Competencias Dixitais Básicas
    Competencias Dixitais Avanzadas
    Iniciación en Competencias Dixitais para o Emprendemento




















    Políticas de Privacidade